Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución do seu expediente, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2023/3704-4 e oito máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 22 de xuño de 2023

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2023/3704-4

76824032F

Denegatoria

PR204A 2023/3728-4

X6909977H

Denegatoria

PR204A 2023/4121-4

39467619X

Denegatoria

PR204A 2023/4207-4

78158515F

Denegatoria

PR204A 2023/4323-4

77407631G

Denegatoria

PR204A 2023/4348-4

39467619X

Denegatoria

PR204A 2023/4377-4

35442125E

Denegatoria

PR204A 2023/4503-4

53115661J

Denegatoria

PR204A 2023/4537-4

Y4544372T

Denegatoria