Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT CDR807 reforma tramo entre CT Cordobelas e CT Campo da Cruz, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2022/67-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 26 de xuño de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/67-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMT CDR807 reforma tramo entre CT Cordobelas e CT Campo da Cruz.
Concello: Cedeira.
| Predio | Lugar | Pol. | Parc. | Titularidade proposta | Data de ocupación | 
| 3 | Fonte do Sapo | 59 | 1401 | Descoñecida | 12.7.2023 | 

 
					
