Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo/a (funcionario/a de carreira).

No BOP de Lugo con números 130 e 137, do 8 e 16 de xuño de 2023, respectivamente, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:

a) Persoal funcionario/a de carreira.

Denominación: auxiliar administrativo/a.

Grupo: C2.

Nivel c.d.: 15.

Número de prazas: 1.

Duración do contrato: funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 19 de xuño de 2023

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde