Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42560

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG número 96, do 23 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 31135, onde di: «6º. Terán dereito preferente a ser seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, non fixesen cursos por ter desfrutado dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou dunha excedencia para o coidado de familiares», debe dicir: «6º. Terán dereito preferente a seren seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, desfrutasen dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ou dunha excedencia para o coidado de familiares».