Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42779

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

ANUNCIO de nomeamento e composición do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización (grupo III administrativo/a).

Mediante a resolución do Comité Executivo, noméase e faise pública a composición do tribunal cualificador no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría do grupo III administrativo/a.

A resolución publicarase no portal web corporativo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada www.feiradomoble.gal

A Estrada, 5 de xullo de 2023

José López Campos
Presidente do Comité Executivo da Fundación
de Exposicións e Congresos da Estrada