Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 42941

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se amplía o prazo para a presentación de propostas na convocatoria da consulta preliminar ao mercado no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde.

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, como órgano de contratación, vista a documentación do Plan de innovación sanitaria Precisaúde,

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar o prazo, ata o 31 de xullo de 2023, de presentación das propostas na convocatoria da consulta preliminar ao mercado no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, a causa do período estival e para facilitar a concorrencia de participantes.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no perfil de contratante do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos