Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 15 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 115/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 115/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 227, do 28 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública