Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 42960

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática).

De conformidade co establecido na base IV.1 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 4 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, que figura como anexo a esta resolución e que se poderá consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso selectivo as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas, á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO

Tribunal cualificador

Presidenta titular

Patricia Roiloa Rodríguez

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Secretaria titular

Pilar Doniz Amor

Persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo C1

Vogal titular

Sonia Otero Rey

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

José Luis Maestro Castiñeiras

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Alfonso García Magariños

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Presidenta suplente

Vanesa Brea Lago

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

subgrupo A1

Secretario suplente

Celso Araújo Castro

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

subgrupo A1

Vogal suplente

María Pilar Pena Casas

Persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

subgrupo A2

Vogal suplente

Francisco Rodríguez Vivián

Persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

subgrupo A2

Vogal suplente

Guillermo Otero Piñeiro-Maseda

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

subgrupo A1