Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43340

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 108, do 8 de xuño), aprobouse a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023.

A dita resolución, no seu punto primeiro, establece que a relación de prazas ofertadas por categoría e de centros nos cales poden existir resultas está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2023. Ademais, poderá ser consultada polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Advertido erro na relación de prazas ofertadas nas categorías de médica/o de urxencias hospitalarias, facultativo especialista de área nas especialidades de cirurxía xeral e aparello dixestivo, medicina interna, psiquiatría e radiodiagnóstico e grupo técnico da función administrativa, publicadas con data do 8 de xuño de 2023 na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), e de conformidade coa Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas do persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 227, do 29 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a relación de prazas ofertadas no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 8 de xuño de 2023, nas categorías de médica/o de urxencias hospitalarias, facultativo especialista de área nas especialidades de cirurxía xeral e aparello dixestivo, medicina interna, psiquiatría e radiodiagnóstico.

Suprimir na categoría de grupo técnico da función administrativa a oferta da praza con código 702100110, da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no concello de Santiago de Compostela, área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A relación de prazas ofertadas nas ditas categorías e de centros nos cales poden existir resultas está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2023.

Ademais, poderá ser consultada polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Figuran como anexo I da presente resolución novas prazas ofertadas e aquelas prazas nas cales se incrementa o número respecto da oferta realizada pola Resolución do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, e que figura publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo nas categorías indicadas en que se incrementan prazas disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

Os participantes que xa tivesen presentado a solicitude de participación conforme o establecido na Resolución do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 8 de xuño), e non desexen modificar a elección de destinos realizados non terán que realizar ningunha actuación.

Na categoría de grupo técnico da función administrativa non se reabre o prazo de solicitude. Aquelas solicitudes de participación realizadas conforme o establecido na Resolución do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 8 de xuño), nas cales se solicitase a praza indicada no punto primeiro manteranse salvo respecto da mencionada praza, que non será obxecto de adxudicación.

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico dentro do prazo indicado. De igual forma, os/as aspirantes que, resultando admitidos/as con carácter provisional neste proceso, non seleccionasen na instancia de participación ningún destino disporán do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para efectuaren a través de Fides/expedient-e, mediante o oportuno rexistro electrónico, a selección de destinos que consideren.

De conformidade coa base 3.5.1 da Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente, aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo anteriormente sinalado, non conteñan a selección, polo menos, dun destino non terán a consideración de solicitude validamente presentada e quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.

Terceiro. Os/as profesionais que opten a algún dos destinos que exixen habilitacións específicas para o seu desempeño deberán rexistrar, dentro do prazo de quince días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a posesión de tal competencia en Fides/expedient-e, na epígrafe doutros méritos, e deberán acreditar documentalmente no mesmo prazo, mediante certificación orixinal ou copia compulsada ou auténtica dirixida á mesma unidade de validación en que presentaron a solicitude de participación, a posesión de tal habilitación. Os/as profesionais que optasen a algún destes postos pero que non acreditasen na forma e no prazo expostos as condicións exixidas para o seu desempeño non poderán resultar adxudicatarios/as deles.

Cuarto. A adxudicación dun destino neste proceso de mobilidade voluntaria suporá a obriga para o/a profesional adxudicatario/a do cumprimento dos requisitos e das condicións do posto que se detallan na relación de prazas ofertadas, que se fai pública mediante esta resolución. En caso contrario, o/a profesional decaerá do dereito a obter ou, de ser o caso, manter tal destino con carácter definitivo.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Incremento de prazas ofertadas por categoría/especialidade

Código

Área sanitaria

Centro/s

Concello/s

Quenda

Observacións

Núm. total de prazas elixibles

271100410

Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

-

3

Facultativo especialista da Área de Medicina Interna

Código

Área sanitaria

Centro/s

Concello/s

Quenda

Observacións

Núm. total de prazas elixibles

271100510

Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

-

5

Facultativo especialista da Área de Psiquiatría

Código

Área sanitaria

Centro/s

Concello/s

Quenda

Observacións

Núm. total de prazas elixibles

157100700

Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

-

1

40157100700

Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

Require titulación de médico/a especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia, de conformidade co establecido polo Real decreto 689/2021 (BOE núm. 185, do 4 de agosto). Inclúe o desenvolvemento de todas aquelas outras funcións propias da especialidade

2

Facultativo especialista da Área de Radiodiagnóstico

Código

Área sanitaria

Centro/s

Concello/s

Quenda

Observacións

Núm. total de prazas elixibles

271100710

Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

-

3

Médico/a de Urxencias Hospitalarias

Código

Área sanitaria

Centro/s

Concello/s

Quenda

Observacións

Nº de prazas

271100550

Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

-

7