Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43409

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal.

Praza: un/unha (1) técnico/a superior de proxecto (ref.: SINFONIA-20-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: Sinfonia-Radiation risk appraisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour.

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular, pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, para a execución do proxecto Sinfonía do programa europeo Horizon 2020, The Framework Programme for Research and Innovation.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web
(https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia do proceso selectivo faranse públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia