Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43510

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico/a en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021), de convocatoria do proceso, dispón que, logo de comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles oferten e o procedemento e o prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, unha vez comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 15 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo), pola que se fai público o acordo do tribunal da categoría de técnico/a en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, pola orde de puntuación total obtida no proceso, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 29 de decembro de 2020.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso e que figura como anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes que constan nesta resolución seleccionen os destinos ofertados, por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á disposición dos/das aspirantes na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A selección de destinos no dito formulario efectuarase consonte o seguinte procedemento:

a) O/a aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados por orde de prelación, de maior a menor preferencia.

b) Para os efectos da súa indicación no formulario, o/a aspirante deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.

c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes que, durante este prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as
na categoría de técnico/a en farmacia

DNI

Apelidos e nome

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***3107**

Pérez Fernández, Brais

71,000

8,000

0,000

79,000

2

***4026**

Luque Robles, Rocío

71,000

2,769

0,250

74,019

3

***3181**

Pérez Aguiño, Carmen

69,000

3,900

0,150

73,050

4

***1207**

Fernández Pintos, María

68,000

0,000

0,450

68,450

5

***0523**

Marquina Ledo, Xosé

62,000

0,000

3,950

65,950

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

Nº de prazas

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

M/T

A Coruña

2

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

M/T

Pontevedra

1

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

M/T

Vigo

2