DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43858

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023 pola que se aproba e se publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

De acordo co establecido no punto I.4 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Aprobar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/auxiliar técnico de comunicacións do grupo V da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A, segundo a relación que figura no anexo.

Así mesmo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes excluídas, as que non figuren en ningunha das listaxes, así como aquelas persoas que non acreditasen estar en posesión do Celga requirido, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou acreditar que posuían antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión, serán definitivamente excluídas. As persoas aspirantes que non acrediten a posesión do Celga requirido terán que realizar a proba de coñecemento da lingua galega.

As reclamacións ou emendas presentaranse no Rexistro de Retegal (Complexo de San Marcos, Edificio Multiúsos, Bando, San Marcos, 15820 Santiago de Compostela).

Esta resolución publicarase na web de Retegal: https://www.retegal.gal e no taboleiro de anuncios do organismo.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase a resolución en que figure a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración de Retegal, S.A.

ANEXO I

Lista provisional de persoas admitidas

Solicitante

NIF

Estado

Acreditación Celga requirido

Corral Fontán, Juan Manuel

***9661**

Admitido

Si

Pereiro Cornes, Francisco Javier

***3362**

Admitido

Si

Pesqueira Vázquez, David

***3095**

Admitido

Si

Vidal Albaladejo, Antonio

***8054**

Admitido

Si

ANEXO II

Lista provisional de persoas excluídas

Solicitante

NIF

Estado

Acreditación Celga requirido

Causa de exclusión

Romero Rivas, Roberto José

***4322**

Excluído

Si

Non acredita requisitos exixidos nos puntos I.2.5 e I.2.6 da convocatoria

Tubío Filgueira, Ángel Luis

***1980**

Excluído

Non

Non acredita requisitos exixidos nos puntos I.2.5, I.2.6 e I.2.9 da convocatoria