Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de se producir, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
95/2023 |
Sergio González Baca |
32026A014002170000TM |
|
96/2023 |
María del Carmen Vázquez Gómez |
32026A014007580001YY |
|
98/2023 |
Eusebio García Bello |
5180403NG7858S0001DS |
|
112/2023 |
Arturo Mosquera Deza |
4981703NG7848S0001XI |
|
116/2023 |
Hros. Teresa Fernández Diéguez |
32026A014005950000TG |
|
117/2023 |
Hros. Manuel Castro Fernández |
32026A014005940000TY |
|
120/2023 |
Mercedes Alberte Pousa |
32026A014005800000TX |
|
123/2023 |
Hros. Manuel Fernández Lorenzo |
32026A015000420001YF |
|
142/2023 |
Obdulia López López |
32026A013002660000TG |
|
135/2023 |
José Miguel Fernández Rivas |
32026A013001780000TM |
Cenlle, 22 de xuño de 2023
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
