DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO do nomeamento dun funcionario de carreira para unha praza de chofer condutor.

Mediante a Resolución da Alcaldía 568/2023, do 2 de xuño, nomeouse a José Manuel Piñón Rey, con DNI ***6533**, funcionario de carreira do Concello de Fene para unha praza de chofer condutor, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, incluída na OEP de 2019.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.

O interesado deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia.

Fene, 5 de xuño de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde en funcións