DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO das bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de oficiais de servizos varios, por promoción interna.

Na Resolución da Alcaldía 2023-0524, do 25 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de oficiais de servizos varios, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases publicáronse no taboleiro de anuncios do Concello do Rosal e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 116, do 16 de xuño de 2023.

O Rosal, 16 de xuño de 2023

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa en funcións