DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44005

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 7 de xullo de 2023 pola que se publican as bolsas para o estudantado matriculado no grao en Turismo ou no PCEO grao en Turismo/grao en Xeografía e Historia do Campus de Ourense no curso 2023/24.

BDNS (Identif.): 707332.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantado que está matriculado no grao en Turismo ou no PCEO grao en Turismo/grao en Xeografía e Historia do Campus de Ourense no curso 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é sufragar o custo dos estudos de Turismo do Campus de Ourense para contribuír á promoción da formación de profesionais do sector turístico na provincia de Ourense.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 7 de xullo de 2023 pola que se publican as bolsas para o estudantado matriculado no grao en Turismo ou no PCEO grao en Turismo/grao en Xeografía e Historia do Campus de Ourense no curso 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de corenta e cinco mil euros (45.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 10 de xullo ata o 13 de outubro de 2023.

Vigo, 7 de xullo de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6.7.2022)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade