DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO da oferta pública de emprego 2023.

Por Resolución da Alcaldía número 2023-0705 deste concello do 11 de xullo de 2023, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se sinalan para o ano 2023:

– Persoal funcionario:

Posto: arquitecto/a, grupo A1, dotación 1 posto, escala Administración especial, subescala técnica superior.

Posto: oficial policía local, grupo C1, dotación 1 posto, escala Administración especial, subescala servizos especiais.

Posto: auxiliar administrativo/a, grupo C2, dotación 1 posto, escala Administración xeral, subescala administrativa.

Posto: enxeñeiro/a técnico forestal, grupo A2, dotación 1 posto, escala Administración especial, subescala técnico medio.

– Persoal laboral:

Posto: oficial servizos varios, grupo IV, dotación 1 posto.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Ponte Caldelas, 12 de xullo de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde