Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: substitución do apoio 9S8VSODS//39-13 da LMT VAR803B e RC.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Características técnicas:
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 67 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9SACGGQR//39-12 da LMTA VAR803B e final no apoio 9S8VSODS//39-13, o cal se substitúe por un apoio C-2000/16 e en que se instala un reconectador. O apoio proxectado C-2000/16 está situado na parcela 162 do polígono 28, no lugar de Saradelo.
– Retensado do outro van contiguo ao apoio proxectado C-2000/16 (94 de condutor LA-30).
– A instalación está situada en Saradelo, parroquia de Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 28 de xuño de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/319-4.
Denominación: substitución do apoio 9S8VSODS//39-13 da LMT VAR803B e RC.
Concello: Vilanova de Arousa.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio (m2) |
1 |
Agro Longo |
Rústico |
36061A028001620000LJ |
María Josefa Piñeiro Caneda |
1,69 |