DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45078

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 12 de xullo de 2023 pola que se concede a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

O Decreto 53/2019 prevé a concesión, con carácter anual, de ata un máximo de tres condecoracións, baixo a denominación Medalla Emilia Pardo Bazán, para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, coa finalidade de recoñecer publicamente as accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia por parte de persoas, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas, que contribuísen e destacasen na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

O artigo 14 do Decreto 53/2019 prevé que a concesión da medalla se efectuará por orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de igualdade, a quen lle corresponderá adoptar a decisión de outorgar a medalla ás persoas propostas pola Comisión de Valoración.

Tendo en conta a proposta efectuada pola Comisión de Valoración o día 11 de xullo de 2023 e o previsto no artigo antes indicado, mediante esta orde concédese a Medalla Emilia Pardo Bazán ás persoas e entidades que se indican a seguir.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán a:

– Fundación Secretariado Gitano.

– Asociación de Executivas de Galicia.

– Mª Teresa Cortizas González-Criado.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade