De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 249, do 11 de decembro) e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destino provisional, segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao grupo e á categoría a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes, no suposto de que non recibisen correctamente o seu usuario e a clave, deberán poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lles faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública-Procesos selectivos».
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo do grupo e da categoría a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia»: as persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por incompatibilidade regulada no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia, o que deberán manifestar por medios electrónicos e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», as persoa aspirantes seleccionarán, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escollan un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por incompatibilidade, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á que deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para iso deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas do Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do grupo e da categoría a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes a información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Nº de orde |
NIF |
Apelidos e nome |
1 |
***6918** |
López Fortúnez, Mario |
2 |
***3392** |
Merino Vallo, Marta María |
3 |
***7488** |
López Vázquez, Alberto |
4 |
***5038** |
Milleiro Sánchez, María del Mar |
5 |
***9164** |
Fernández Galdo, María Elena |
6 |
***2873** |
Martínez Pérez, Emilio Manuel |
7 |
***0262** |
Álvarez Boullosa, Concepción |
8 |
***8409** |
González Iglesias, Francisco |
9 |
***3182** |
Vázquez Pallas, María José |
10 |
***5000** |
Fontela Rodríguez, Alberto |
11 |
***1262** |
Ovies García, Francisco |
12 |
***9504** |
Vasconcellos Lis, Silvia |
13 |
***3365** |
Blanco Pérez, Aida Elisabet |
14 |
***9795** |
Pérez Cibeira, Mónica |
15 |
***2774** |
Díaz Pérez, Ana María |
16 |
***3904** |
Rodríguez-Brufau Suárez, Rafael |
17 |
***7178** |
Ojea Rodríguez, Susana |
18 |
***0913** |
Fernández Iglesias, José Luis |
19 |
***7785** |
Seoane Moras, Luis Miguel |
20 |
***9161** |
Hermida Román, María Cecilia |
21 |
***5319** |
Suárez Vázquez, Nerea |
22 |
***7303** |
Bustelo Cabanas, Andrea |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
1 |
MRC992013036240019 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Lalín |
Servizos periféricos |
Lalín |
I-005 |
2 |
MRC992009027640016 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Vilalba |
Servizos periféricos |
Vilalba |
I-005 |
3 |
MRC992005027001017 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
I-005 |
4 |
MRC992007127290025 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Oficina de Mondoñedo |
Servizos periféricos |
Mondoñedo |
I-005 |
5 |
MRC992003415350020 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Oficina de Ferrol |
Servizos periféricos |
Ferrol |
I-005 |
6 |
MRC992001015060020 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Arzúa |
Servizos periféricos |
Arzúa |
I-005 |
7 |
MRC992001015060021 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Arzúa |
Servizos periféricos |
Arzúa |
I-005 |
8 |
MRC992003015350022 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Betanzos-Ferrol |
Servizos periféricos |
Ferrol |
I-005 |
9 |
MRC992003015350023 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Betanzos-Ferrol |
Servizos periféricos |
Ferrol |
I-005 |
10 |
MRC992004015560014 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Noia |
Servizos periféricos |
Noia |
I-005 |
11 |
MRC992001015060022 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Arzúa |
Servizos periféricos |
Arzúa |
I-005 |
12 |
MRC992006027060012 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Becerreá |
Servizos periféricos |
Becerreá |
I-005 |
13 |
MRC992009027640018 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Vilalba |
Servizos periféricos |
Vilalba |
I-005 |
14 |
MRC992013036240013 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Lalín |
Servizos periféricos |
Lalín |
I-005 |
15 |
MRC992013036240015 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Lalín |
Servizos periféricos |
Lalín |
I-005 |
16 |
MRC992005127001040 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Oficina de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
I-005 |
17 |
MRC992009127640051 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Oficina de Vilalba |
Servizos periféricos |
Vilalba |
I-005 |
18 |
MRC992013036240016 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Lalín |
Servizos periféricos |
Lalín |
I-005 |
19 |
MRC992002015190004 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Carballo |
Servizos periféricos |
Carballo |
I-005 |
20 |
MRC992008027300011 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Monforte de Lemos |
Servizos periféricos |
Monforte de Lemos |
I-005 |
21 |
MRC992009027640014 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Área de Vilalba |
Servizos periféricos |
Vilalba |
I-005 |
22 |
MRC991050132001091 |
Titulado/a superior veterinario/a |
MR |
Servizo de Gandaría (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
I-005 |