En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.8 da Orde do 14 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR750A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.
Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://empregoeigualdade.xunta.gal/plans-de-rescate/persoas-e-entidades-beneficiarias
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social