DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45954

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira.

De conformidade co Real decreto 364/1995 e o artigo 62 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, fanse públicos os seguintes nomeamentos como funcionarios de carreira:

– Pablo Martín Fernández Castro toma posesión o 28 de marzo de 2023 como xefe de Área de Urbanismo e Medio Ambiente en virtude do Decreto de Alcaldía 991/2023.

– Miguel Fernández Temprano toma posesión o 8 de maio de 2023 como enxeñeiro técnico industrial en virtude do Decreto de Alcaldía 1443/2023.

– María Luisa García Espasandín, María Isabel Castro Cancelo e Cristina Souto González toman posesión o 16 de maio de 2023 como administrativas en virtude do Decreto de Alcaldía 1572/2023.

Arteixo, 19 de xuño de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente