DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 147/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 147/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala.

O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública