DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46022

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de xullo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade xustifícase pola creación dunha unidade administrativa temporal de persoal veterinario destinado á realización do control oficial dun proxecto piloto consistente no establecemento dun servizo de matadoiro móbil, que se desprazará a aquelas explotacións da Comunidade Autónoma que demanden este servizo, mediante unha unidade de sacrificio móbil de ámbito autonómico e con base en Chantada (Lugo).

Este proxecto piloto, desenvolvido e financiado pola Consellería do Medio Rural no marco das súas competencias, será avaliado no seu funcionamento e, no seu futuro, avaliada a súa continuidade. De aí o concepto de unidade temporal, xa que ten establecida unha vixencia ata decembro de 2025.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 20 de xullo de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 20 de xullo de 2023, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, e coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file