DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da resolución da convocatoria e das bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade do posto de arquitecto/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 115, con data do 19 de xuño de 2023, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria, para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de arquitecto/a, persoal funcionario do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2022.

As instancias solicitando participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 24 de xuño de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente