DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46061

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2023 pola que se publica o resultado do proceso de selección da convocatoria de subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocatoria 2023 (código de procedemento MR711D).

Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022 aprobáronse as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocáronse as correspondentes ao ano 2023 (DOG núm. 23, do 2 de febreiro).

Para o financiamento da convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria de 2.097.000 €, con cargo á conta orzamentaria 14-A1-712A-760.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cofinanciada con Feader (75 %), con fondos da Administración xeral do Estado (7,5 %) e da Xunta de Galicia (17,5 %).

O 16 de xuño de 2023 a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu a citada convocatoria.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e anuncia a convocatoria para o ano 2023, segundo o documento anexo.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Relación de proxectos subvencionados

Expediente

Promotor

NIF

Orzamento presentado

Orzamento aceptado

Axuda concedida

P. total

SB23-0307413A-0010

A Veiga

P3208400F

187.500,00 €

187.202,71 €

149.762,17 €

99

SB23-0307413A-0019

O Incio

P2702400I

44.955,84 €

44.127,94 €

35.302,35 €

97,5

SB23-0307413A-0021

A Arnoia

P3200400D

48.398,11 €

47.995,89 €

38.396,71 €

93,6

SB23-0307413A-0022

Monterrei

P3205100E

138.580,24 €

135.988,42 €

108.790,74 €

85,8

SB23-0307413A-0001

Quintela de Leirado

P3206700A

50.000,00 €

49.329,90 €

39.463,92 €

80

SB23-0307413A-0009

A Pobra do Brollón

P2704700J

187.500,00 €

186.556,80 €

149.245,44 €

75

SB23-0307413A-0012

Cerdedo-Cotobade

P3600048G

48.393,74 €

47.980,20 €

38.384,16 €

73

SB23-0307413A-0018

Avión

P3200500A

186.955,73 €

186.955,73 €

149.564,58 €

72,8

SB23-0307413A-0003

Carballeda de Avia

P3201900B

189.620,20 €

189.317,54 €

150.000,00 €

66

SB23-0307413A-0004

Oímbra

P3205400I

187.500,00 €

187.253,70 €

149.802,96 €

64

SB23-0307413A-0016

Folgoso do Courel

P2701700C

25.546,50 €

25.546,50 €

20.437,20 €

60

SB23-0307413A-0017

Cualedro

P3202900A

122.424,64 €

122.424,64 €

97.939,71 €

60

SB23-0307413A-0020

Crecente

P3601400I

187.500,00 €

186.623,39 €

149.298,71 €

57,2

SB23-0307413A-0002

A Gudiña

P3203500H

51.603,25 €

51.603,25 €

41.282,60 €

57

SB23-0307413A-0015

Riós

P3207200A

26.859,23 €

26.859,23 €

21.487,38 €

52

SB23-0307413A-0023

Curtis

P1503200F

187.313,17 €

183.713,41 €

146.970,73 €

52

SB23-0307413A-0006

Quiroga

P2705000D

48.330,99 €

46.718,30 €

37.374,64 €

50

SB23-0307413A-0014

Sober

P2705900E

117.262,50 €

114.560,04 €

91.648,03 €

49,4

SB23-0307413A-0013

Taboadela

P3208000D

123.279,75 €

122.415,81 €

97.932,65 €

48,1

SB23-0307413A-0007

Toén

P3208200J

78.832,41 €

78.832,41 €

63.065,93 €

45,5

SB23-0307413A-0005

Boborás

P3201400C

187.500,00 €

183.039,79 €

146.431,83 €

42

SB23-0307413A-0008

O Pereiro de Aguiar

P3205900H

187.500,00 €

150.439,54 €

120.351,63 €

39

SB23-0307413A-0011

Cenlle

P3202600G

23.916,33 €

14.391,22 €

11.512,98 €

36