O desenvolvemento dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública exixe o cumprimento de determinados prazos, en concordancia co establecido nas ordes ou resolucións de convocatoria e demais normativa de aplicación.
Polo anterior, considerando o período vacacional ordinario e para garantir o cumprimento dos prazos establecidos e o normal desenvolvemento dos procesos selectivos en curso, esta consellería
DISPÓN:
Declarar inhábil o mes de agosto exclusivamente para os efectos do cómputo de prazos para a realización dos segundos exercicios dos procesos selectivos dos corpos, escalas e categorías que se están a desenvolver convocados pola Dirección Xeral da Función Pública.
Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública