DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46509

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2020, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, realiza a convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico/a de sistemas de información e comunicacións GII BII N2.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.

Vigo, 21 de xullo de 2023

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo