DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46506

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 24 de xullo de 2023 polo que se publica a puntuación definitiva dos méritos das persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

O contido da resolución aprobatoria da puntuación definitiva dos méritos da persoas aspirantes admitidas está publicado na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal.

Contra o acordo de aprobación da baremación definitiva poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O prazo para a interposición do amentado recurso comezará o día seguinte ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anuncio de aprobación da baremación definitiva, ben por medios electrónicos, de acordo co sinalado nas bases para a presentación de solicitudes, ou ben por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, caso en que deberá notificar o envío da documentación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia mediante o correo electrónico cidade.cultura@xunta.gal no mesmo día da presentación.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia