De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. Mediante a Orde do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2019) foron nomeadas persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.
Mediante a Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. Mediante a Orde do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2019) foron nomeadas persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.
Mediante a Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. Mediante a Resolución do 17 de setembro de 2021 (DOG núm. 182, do 21 de setembro) foron nomeadas persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
Mediante a Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. Mediante a Resolución do 26 de xullo de 2021 (DOG núm. 146, do 2 de agosto, con corrección de erros no DOG núm. 148, do 4 de agosto), foron nomeadas persoal funcionario da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
E mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. Mediante a Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril) foi nomeada persoal funcionaria da dita escala e adxudicouse destino provisional a unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.
En atención a todo o exposto e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas que superaron os procesos selectivos que figuran na Orde do 28 de decembro de 2018 (escala superior de finanzas); na Orde do 28 de decembro de 2018 (escala técnica de finanzas); na Resolución do 17 de setembro de 2021 (escala superior de finanzas); na Resolución do 26 de xullo de 2021 (escala técnica de finanzas), e na Resolución do 21 de abril de 2023 (escala superior de finanzas), que se atopan en destino provisional por novo ingreso, e que son convocadas á elección de destino definitivo segundo a orde que en aplicación das bases das súas respectivas convocatorias deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino e segundo consta a orde de prelación no anexo I desta resolución.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación dos procesos selectivos.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 173.3.d) (excedencia voluntaria por interese particular) ou no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.
2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa na orde de prelación prevista no anexo I desta resolución, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos esixidos nos artigos 173 ou 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por interese particular ou por prestación de servizos no sector público, respectivamente, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no anexo I desta resolución e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no anexo I desta resolución, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede, da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e da orde de prelación prevista no anexo I desta resolución, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Nº orde elección |
Nº orde no seu proceso selectivo |
DNI |
Apelidos e nome |
Subgrupo |
1 |
1 |
***0815** |
Gómez Sedes, Marta María |
A1 |
2 |
2 |
***2556** |
Ramos Pena, Marta |
A1 |
3 |
3 |
***6704** |
Alonso de Abel, Rebeca |
A1 |
4 |
1 |
***6363** |
Vázquez Pérez, Patricia Pilar |
A2 |
5 |
2 |
***1570** |
Mourelle Ferreiro, Juan Carlos |
A2 |
6 |
3 |
***4531** |
Piñeiro Muñoz, Luis |
A2 |
7 |
5 |
***2480** |
Prego Teira, Ramón |
A2 |
8 |
6 |
***4657** |
Fernández Loureiro, David |
A2 |
9 |
1 |
***0723** |
Figueiras Vázquez, Helena |
A1 |
10 |
2 |
***4136** |
Nodar López, Raquel |
A1 |
11 |
3 |
***4732** |
Mourelle Arnejo, Juan |
A1 |
12 |
4 |
***3895** |
Álvarez Cuiñas, Alejandra |
A1 |
13 |
5 |
***4657** |
Fernández Loureiro, David |
A1 |
14 |
1 |
***4386** |
Serramito Calvo, Cristina |
A2 |
15 |
2 |
***2601** |
Pérez González, Óscar |
A2 |
16 |
3 |
***1890** |
Agrelo Carballeda, Silvia |
A2 |
17 |
4 |
***5004** |
Iglesias Fernández, Verónica |
A2 |
18 |
5 |
***8508** |
Moreno Veloso, María Sonia |
A2 |
19 |
6 |
***2273** |
Vázquez Regueiro, María Dolores |
A2 |
20 |
7 |
***7892** |
Jiménez Acevedo, Jenifer |
A2 |
21 |
8 |
***2556** |
Ramos Pena, Marta |
A2 |
22 |
9 |
***5987** |
Seoane Fernández, Julián |
A2 |
23 |
10 |
***4766** |
Martínez Nieto, Eva |
A2 |
24 |
11 |
***5589** |
Grela Carballeira, Irene |
A2 |
25 |
4 |
***1570** |
Mourelle Ferreiro, Juan Carlos |
A1 |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Niv. |
1 |
FCA200000215770010 |
Xefatura de equipo |
FC |
Área de Xestión Tributaria |
Axencia Tributaria de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
2 |
FCA200000315770015 |
Xefatura de equipo |
FC |
Área de Colaboración Social, Información e Asistencia |
Axencia Tributaria de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
3 |
FCA291000015001008 |
Posto base subgrupo A2 |
FC |
Delegación A Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Coruña (A) |
A2 |
16 |
4 |
FCA291000015001113 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación A Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Coruña (A) |
A1-A2 |
25 |
5 |
FCA291000027001009 |
Posto base subgrupo A1 |
FC |
Delegación Lugo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Lugo |
A1 |
20 |
6 |
FCA291000032001009 |
Posto base subgrupo A1 |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1 |
20 |
7 |
FCA291000032001011 |
Posto base subgrupo A2 |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A2 |
16 |
8 |
FCA291000032001090 |
Técnico/a tributario/a subgrupo A2 |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A2 |
24 |
9 |
FCA291000032001092 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
10 |
FCA291000032001094 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
11 |
FCA291000032001096 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
12 |
FCA291000032001120 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
13 |
FCA291000032001136 |
Subxefatura unidade de inspección |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
14 |
FCA291000032001165 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Ourense |
A1-A2 |
25 |
15 |
FCA291000036001003 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A1-A2 |
25 |
16 |
FCA291000036001086 |
Técnico/a tributario/a subgrupo A2 |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A2 |
24 |
17 |
FCA291000036001087 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A1-A2 |
25 |
18 |
FCA291000036001131 |
Subxefatura unidade de inspección |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A1-A2 |
25 |
19 |
FCA291000036560008 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A1-A2 |
25 |
20 |
FCA291000036560015 |
Posto base subgrupo A2 |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A2 |
16 |
21 |
FCA291000036560180 |
Técnico/a tributario/a subgrupo A2 |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A2 |
24 |
22 |
FCA291000036560181 |
Técnico/a tributario/a subgrupo A2 |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A2 |
24 |
23 |
FCA291000036560225 |
Subxefatura unidade de inspección |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A1-A2 |
25 |
24 |
FCA291000036560226 |
Subxefatura unidade de inspección |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A1-A2 |
25 |
25 |
FCA291000036560261 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A1-A2 |
25 |
26 |
FCC030000215770012 |
Xefatura Sección |
FC |
S. X. de Contabilidade |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
27 |
FCC030000215770027 |
Xefatura Sección |
FC |
S. X. de Contabilidade |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
28 |
FCC030000415770008 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
Oficina Galega de Auditoría e Control-División de Auditoría de Fondos Comunitarios |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
29 |
FCC030000415770009 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
Oficina Galega de Auditoría e Control-División de Auditoría de Fondos Comunitarios |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
30 |
FCC030000315770006 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
Oficina Galega de Auditoría e Control-División de Auditoría Pública e Control Financeiro |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
31 |
FCC030000315770007 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
Oficina Galega de Auditoría e Control-División de Auditoría Pública e Control Financeiro |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
32 |
FCC030000315770008 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
Oficina Galega de Auditoría e Control-División de Auditoría Pública e Control Financeiro |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
33 |
FCC030000715770008 |
Xefatura sección |
FC |
Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Barbanza-Servizo do Equipo de Auditoría |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
34 |
FCC030001315770018 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Facenda e Administración Pública |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
35 |
FCC030001415770011 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
36 |
FCC030001715770007 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
37 |
FCC030001115770007 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
38 |
FCC030001615770007 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
39 |
FCC030001815770007 |
Xefatura sección |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e do Sergas |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
40 |
FCC030003036560012 |
Xefatura sección III |
FC |
Intervención Territorial Vigo |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Vigo |
A1-A2 |
25 |
41 |
FCC040000215770016 |
Técnico/a financeiro/a |
FC |
S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
42 |
FCC040000315770007 |
Técnico/a financeiro/a |
FC |
S. X. de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
43 |
FCC040000415770007 |
Analista de custos de persoal I |
FC |
S. X. de Custos de Persoal |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
44 |
FCC040000415770016 |
Analista de custos de persoal |
FC |
S. X. de Custos de Persoal |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |