DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46523

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa comunidade autónoma.

No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.

En desenvolvemento da citada Lei do deporte, ditouse o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, así como os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado; así mesmo, atribúeselle á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo de base, elevar a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte coa relación de deportistas galegos de alto nivel.

En consecuencia, atendendo á proposta enviada con data do 14 de xullo de 2023 pola Secretaría Xeral para o Deporte, con base no informe da Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación de persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base de Galicia e persoal técnico que se relacionan no anexo desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se lles atribúan.

Segundo. Asta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigo 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e persoal técnico

Apelido

Nome

DNI

Modalidade

Recoñecemento

Vixencia

1

Abilleira Costal

Erika

***7234**

Kickboxing e muay thai

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

2

Álvarez Romero

Noa

***1882**

Patinaxe

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

3

Álvarez Romero

Lola

***7322**

Patinaxe

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

4

Eirís Vázquez

Marta

***8268**

Salvamento e socorrismo

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

5

Fernández Fernández

Xiana

***8312**

Patinaxe

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

6

Fernández Sánchez

Iván

***5586**

Fútbol sala

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

7

Ferreiro Rodríguez

Germán

***9313**

Esgrima

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

8

Fraga Corredoira

Carla

***8195**

Tiro olímpico

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

9

García Suárez

Noelia

***0429**

Halterofilia

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

10

Gesto García

Carlos

***3922**

Pesca e casting

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

11

González-Regueral

Mauro

***5666**

Vela

Deportista de alto nivel

19.12.2027

12

Kim Yuom

San

***4681**

Esgrima

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

13

Luengo Rodríguez

Alberto

***1503**

Pesca e casting

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

14

Martí Roura

Albert

***7435**

Piragüismo

Deportista de alto nivel

31.7.2026

15

Martínez Abelenda

Laura

***9750**

Judo e D.A.

Deportista de alto nivel

6.10.2027

16

Montero Caaveiro

Candela

***2832**

Tenis de mesa

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

17

Nogueira García

Ángela

***2718**

Esgrima

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

18

Pinaque García

Nicolás

***9202**

Kárate e D.A.

Deportista de alto nivel

27.11.2027

19

Rascado Novas

Marcos

***7482**

Esgrima

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

20

Reale Pieroni

Matías

***1511**

Fútbol

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

21

Regueiro Rodríguez

Pablo

***5351**

Esgrima

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

22

Ribeiro Díaz

Joel

***1654**

Patinaxe

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

23

Rico Pedrido

Pablo

***5525**

Judo e D.A.

Deportista de rendemento deportivo de base

Un ano desde a data da resolución

24

Riobo Villa

Francisco Javier

***5968**

Patinaxe

Deportista de alto rendemento

Cinco anos desde a data da resolución

25

Salanova Paredes

José María

***7814**

Taekwondo

Técnico de alto nivel

31.12.2027

26

Trigo Silva

Francisco

***9864**

Loita e D.A.

Deportista de alto nivel

27.3.2027

27

Vicente Casas

Alberto

***6988**

Pesca e casting

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

28

Vizcaya Rey

Mauro

***2659**

Remo

Deportista de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución