DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46768

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023 pola que se amplía o crédito da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

O 17 de febreiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 34) a Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

O artigo 31.1 da Resolución do 17 de febreiro de 2023 citada establece que na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 está consignado crédito por importe de 5.400.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00009, para atender as axudas da presente resolución. O financiamento desta convocatoria complementarase con 3.600.000,00 € con cargo á dita aplicación e proxecto no ano 2024.

O artigo 31.3 da Resolución do 17 de febreiro de 2023 prevé a posibilidade de que a Axencia poida aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta resolución cando o incremento derive dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Estas axudas, encadradas na submedida 8.61 do PDR de Galicia 2014-2020, financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar por un importe 5.100.000 € o crédito correspondente para as anualidades 2023-2024 das subvencións establecidas na Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo:

Crédito

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

Inicial

14.A4.741A.770.0

2018 00009

5.400.000 €

3.600.000 €

9.000.000 €

Ampliación

100.000 €

5.000.000 €

5.100.000 €

Total

5.500.000 €

8.600.000 €

14.100.000 €

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

A modificación prevista no artigo 1 desta resolución non afecta o prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Jacobo Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal