Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Víctor Manuel Lema Serantes, para a ocupación en superficie e do edificio 12.21.EDF.012 (quiosco) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e snacks, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola presidenta de Portos de Galicia o 15 de xuño de 2023 e a confrontación da ocupación da superficie de dominio público portuario.
O que se fai público, aos efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 30 de xuño de 2023
Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia