Antecedentes:
1. O día 11 de xullo de 2023, María Carmen Otero Iglesias solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea O.O. II.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado, resolvo:
Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Tipo: batea.
Nome: O.O. II.
Situación:
Cuadrícula nº: 35.
Polígono: B.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 20.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: María Asunción Otero Iglesias (***4412**), Laura Otero Iglesias (***5284**) e María Carmen Otero Iglesias (***6032**).
Novo titular: Benito Otero Iglesias (***5995**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. As actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas das anteriores desde o momento da formalización da transmisión en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 13 de xullo de 2023
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo