DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47424

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023 (código de procedemento TR852A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 27.6 da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2023.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 2 da orde de referencia que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1: cun importe total de 1.000.000,00 euros, accións formativas e actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral, de carácter intersectorial.

Na liña 2: cun importe total de 655.103,00 euros, cursos de formación sectoriais e a realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial e accións que permitan a elaboración de ferramentas e materiais innovadores relacionados co fomento da prevención de riscos laborais.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 8 de febreiro de 2023).

Crédito orzamentario: 1.655.103,00 € (un millón seiscentos cincuenta e cinco mil e cento tres euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias liña 1

Entidade

NIF

Importe

APE Galicia

G36550630

22.120,00 €

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

459.940,00 €

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

148.529,44 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

151.506,70 €

Central SindicaI Independiente de funcionarios-CSIF

G79514378

24.568,34 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

175.395,53 €

Beneficiarias liña 2

Entidade

NIF

Importe

Asociación Clúster Granito

G36644961

14.500,00 €

Unións Agrarias-UPA

G15115322

30.000,00 €

Sindicato Labrego Galego

G27023951

30.000,00 €

Fegapesca

G27780360

30.000,00 €

Asociación Agraria de Galicia

G94114675

24.000,00 €

Fundamar

G27745397

30.000,00 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

30.000,00 €

Anfaco-Cecopesca

G36625309

29.600,00 €

Acegal

G36274306

15.870,00 €

Clúster Gallego Textil Moda

G36681039

17.920,00€

Asime

G36614774

17.300,00 €

Fegatrans

G32400293

28.380,48 €

LugoMadera

G27030915

17.160,00 €

Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO)

G32015828

29.900,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

29.760,00 €

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar)

G94116993

28.800,00 €

Asoc. Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL)

G27021005

12.542,51 €

UGT Fica Galicia

G87582524

30.000,00 €

Sindicato Fetico-Galicia

G15312424

29.120,00 €

UGT-Servicios Públicos de Galicia

G78085149

29.760,00 €

Fed. Nac. Serv. Mobilidade e Consumo UGT Galicia (UGT FeSMC Galicia)

G87589909

60.000,00 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

26.855,00 €

Central Sindical Independiente de Funcionarios CSIF

G79514378

22.420,00 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

59.155,00 €