Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: instalación de telecontrol no apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811.
Situación: concello de Pontevedra.
Características técnicas:
– Substitución do apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811 por un apoio C-1000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado.
– Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-1000/14 (199 metros de condutor existente LA-880).
– A instalación está situada en Gatomorto, parroquia de Santa María de Xeve, no concello de Pontevedra.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 7 de xullo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/347-4.
Denominación: instalación de telecontrol no apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811.
Concello: Pontevedra.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m2 |
|||||
1 |
Bouza de Balada |
Rústico |
36900A244001270000LY |
Jesús Manuel Rivas |
A4CIHUPQ//81 |
2 |