DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2010/268-1, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón (expediente IN407A 2010/268-1), acto que se realizará nas oficinas das casas dos citados concellos segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla, todo iso sen prexuízo da posibilidade de acudir ao terreo se nese acto as persoas interesadas ou quen as represente así o soliciten.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 20 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concellos: Rois, Brión, Teo e Padrón.

Predio

Concello

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data

Hora

0-21

Rois

143

135

José Sorribas García e María Bustelo Gosende

4.9.2023

10.15

507

Rois

144

48

Núñez Seoane, Carmen

12.9.2023

10.00

631-4

Rois

142

257

Ferreiro González, Josefina

30.8.2023

11.30

787

Rois

514

384

Herdeiros de Bustelo Gómez, Esperanza Rosalía

31.8.2023

12.15

150

Brión

59

468

Castro, Amelia

Castro Nieto, Argimiro

14.9.2023

12.00

235

Brión

59

144

Juncal Juncal, Manuela Antonia

15.9.2023

10.30

251

Brión

59

155

Juncal Juncal, Manuela Antonia

15.9.2023

10.30

280

Brión

503

1131

Castro, Amelia

Castro Nieto, Argimiro

14.9.2023

12.00

69

Padrón

24

283

García Mirón, Serafina e

herdeiros de García Mirón, Josefa

20.9.2023

10.45