DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47776

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C).

No Diario Oficial de Galicia do pasado 27 de marzo publicábase a Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).

A referida orde responde á consideración de interese público do deporte para a Comunidade Autónoma, ao dereito de todos os cidadáns a coñecer e a practicar deporte de forma libre, voluntaria e democrática, e en termos de igualdade e sen discriminación ningunha, así como á consecución dunha práctica deportiva adaptada ás condicións de cada individuo (artigos 2 e 3 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia).

Sobre estes condicionamentos, a Orde do 21 de marzo de 2023 dirixiuse a destinar financiamento público específico a infraestruturas e a equipamentos deportivos de titularidade local co fin de potenciar a promoción da actividade física, en particular nas zonas e entre colectivos máis desfavorecidos, garantindo o acceso de todos os cidadáns ás actividades deportivas.

En atención a estas mesmas previsións, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén a establecer esta convocatoria dirixida tamén a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.

Esta orde dá cumprimento aos principio de publicidade, libre concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

As subvencións reguladas nesta orde tramitaranse polo procedemento ordinario de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, conforme as previsións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 65/2023, do 15 de xuño, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Por esta orde procédese á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.

2. As bases reguladoras polas cales se rexerá esta convocatoria son as aprobadas a través da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C), que se publicou no DOG núm. 60, do 27 de marzo.

3. En todo o non disposto expresamente nesta orde, e para os efectos do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, observarase o disposto na Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).

Artigo 2. Financiamento e importe máximo das subvencións

1. Para esta convocatoria destínase, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441.A.760.0, un total de dous millóns tres mil douscentos euros con trinta e oito céntimos de euro (2.003.200,38. €) coa seguinte distribución por anualidades e por liñas de actuación subvencionables:

Anualidade 2023

1.100.000,00 €

Liña de actuación

Importe

Liña I: construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas

880.000,00 €

Liña I.1. Concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes

616.000,00 €

Liña I.2. Concellos con poboación entre 5.000 e 20.000 habitantes

176.000,00 €

Liña I.3. Concellos con poboación superior a 20.000 habitantes

88.000,00 €

Liña II: adquisición de material deportivo inventariable

220.000,00 €

Liña II.1. Concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes

154.000,00 €

Liña II.2. Concellos con poboación entre 5.000 e 20.000 habitantes

44.000,00 €

Liña II.3. Concellos con poboación superior a 20.000 habitantes

22.000,00 €

Anualidade 2024

903.200,38 €

Liña de actuación

Importe

Liña I: construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas

722.560,30 €

Liña I.1. Concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes

505.792,21 €

Liña I.2. Concellos con poboación entre 5.000 e 20.000 habitantes

144.512,06 €

Liña I.3. Concellos con poboación superior a 20.000 habitantes

72.256,03 €

Liña II: adquisición de material deportivo inventariable

180.640,08 €

Liña II.1. Concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes

126.448,05 €

Liña II.2. Concellos con poboación entre 5.000 e 20.000 habitantes

36.128,02 €

Liña II.3. Concellos con poboación superior a 20.000 habitantes

18.064,01 €

No caso de que o crédito dalgunha das liñas de actuación non se esgote, as cantidades resultantes incrementarán proporcionalmente as demais liñas en función das solicitudes presentadas.

2. A axuda económica que se conceda financiará ata o 80 % do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite máximo de 50.000 euros para o caso da liña I (obras) e de 10.000 euros para o suposto da liña II (equipamentos). O importe do libramento da anualidade 2023 non superará en ningún caso o importe da subvención outorgada para esta anualidade na resolución da concesión, sen prexuízo de que as cantidades xustificadas por riba deste limiar se poidan aplicar para a xustificación da anualidade 2024, sen que isto implique incremento da achega correspondente ao referido exercicio orzamentario.

3. Poderanse ampliar os créditos nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos, o órgano competente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que esta orde, sen que tal publicación implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos de Galicia que, con carácter previo á resolución de concesión da axuda, teñan as súas instalacións deportivas inscritas no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia consonte o establecido no Decreto 52/2022, do 28 de abril, polo que se crea e regula o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Non se admiten solicitudes presentadas por agrupacións de concellos en canto non se considera aplicable a esta convocatoria, ao teor da súa finalidade, do seu obxecto e do importe máximo das axudas que se van conceder, que se entende que suporán principalmente a presentación de solicitudes no ámbito da reforma de instalacións deportivas xa existentes de titularidade municipal, en canto ás obras da liña I, e, respecto da liña II, o importe máximo que se vai conceder supón na práctica que a cotitularidade deste material por distintos concellos sexa ineficiente.

2. Non poderán ser beneficiarios os concellos que obtivesen esta condición segundo a Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).

Non obstante o anterior, e para o caso dos concellos que resultasen beneficiarios dunha axuda parcial e que renunciasen a esta, observarase o disposto no artigo seguinte desta orde.

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. A solicitude presentarase axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I a estas bases e dirixirase á Secretaría Xeral para o Deporte.

A Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes presentadas á Orde do 21 de marzo de 2023 (código de procedemento DE401C) e que foron desestimadas por causas de non dispoñibilidade de crédito da convocatoria. Tamén se incorporarán e tramitarán de oficio aquelas solicitudes que resultaran adxudicadas de forma parcial, logo da presentación polo concello da correspondente renuncia a esa axuda parcial nos termos establecidos na Orde do 21 de marzo de 2023.

Nestes dous casos, os concellos non deberán presentar ningunha nova solicitude.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Cada concello poderá presentar unha única solicitude por liña de actuación. No caso de presentar dúas ou máis solicitudes por liña, a Comisión de Valoración comunicarallo ao concello para que, no prazo máximo de tres días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste punto. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 5. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello, segundo o modelo do anexo II, na cal conste:

1) O acordo adoptado polo órgano competente do concello polo que se aproban a solicitude de axuda e as condicións e requisitos desta orde, con expresión concreta da actuación solicitada e da contía comprometida polo concello segundo o establecido no artigo 2 desta orde.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos na orde.

2) A relación de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma actuación, solicitada ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

3) Ter remitido a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2021, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

4) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

5) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedor por resolución de procedemento de reintegro.

b) Unha memoria explicativa onde se xustifique a necesidade da actuación para a cal se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, así como canta información sexa precisa para permitir a aplicación dos criterios establecidos nas bases que rexen esta convocatoria.

2. No caso de solicitar unha axuda para a liña de actuación I, o concello deberá achegar:

a) Documento acreditativo da titularidade do terreo ou inmoble en que se pretenda realizar a actuación. Os terreos deberán ser de titularidade da entidade solicitante ou, na súa falta, esta deberá posuír título bastante que a habilite para a realización das obras e o uso posterior do construído ou reformado por período non inferior a cinco (5) anos.

b) Proxecto técnico ou memoria valorada da obra que se pretende realizar, asinado electronicamente polo técnico ou pola técnica que o redacte, co seguinte contido mínimo:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

– Planos a escala e detalle suficiente para describir as actuacións.

– Planos de situación, indicando as coordenadas UTM de cada unha das actuacións que integran a solicitude.

Os concellos que resulten beneficiarios quedarán obrigados a presentar o correspondente proxecto técnico e as autorizacións administrativas municipais e sectoriais oportunas, se a entidade e complexidade das obras que se vaian executar o exixen.

3. No caso de solicitar unha axuda para a liña de actuación II, o concello deberá achegar unha memoria detallada e valorada do equipamento para o cal se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

5. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado da Seguridade Social que acredite o cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.

d) Certificado da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) que acredite non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredite o cumprimento das obrigas tributarias.

f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

g) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 7. Órganos competentes e instrución do procedemento

1. A persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva será o instrutor do procedemento.

2. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polo instrutor do procedemento co obxecto de comprobar que están debidamente cubertas e suficientemente documentadas. Xunto con esta análise, comprobarase se o solicitante acredita o cumprimento dos requisitos establecido no artigo 3.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fan, se considerarán desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015. Esta lista tamén será publicada na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase del.

Nesta publicación, e con efectos unicamente de publicidade, relacionaranse tamén as solicitudes admitidas que non están suxeitas a emenda e as inadmitidas.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases, na convocatoria ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para os efectos de ditar a correspondente resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

5. En todo caso, non se admitirán a trámite e procederase a ditar a resolución de inadmisión e ao seu arquivamento, sen posibilidade de emenda, as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na convocatoria.

Artigo 8. Resolución e recursos

1. Realizada a valoración das solicitudes presentadas de conformidade co procedemento e criterios establecidos nas bases que rexen esta convocatoria, a Secretaría Xeral para o Deporte elevará proposta á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes será o órgano competente para a resolución do procedemento para a concesión da subvención.

2. A resolución estimará, desestimará ou declarará a inadmisión da solicitude.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder os tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación, neste caso, da data da convocatoria, da entidade beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, relacionaranse as solicitudes desestimadas e inadmitidas, con expresión dos motivos da desestimación e inadmisión.

3. Contra esta resolución, as entidades interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpren súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Aceptación

A entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben comunicar a renuncia á subvención concedida. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

Artigo 12. Xustificación da subvención

1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 27 de novembro de en 2023 e na segunda anualidade ata o 31 de outubro de 2024.

2. A documentación xustificativa que deberán achegar as entidades beneficiarias das subvencións no prazo indicado no número 1 deste artigo é a seguinte:

a) Facturas e, no caso de obras, certificación con relación valorada e tramitada conforme o procedemento que rexe para a Administración local.

b) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade beneficiaria, segundo o modelo do anexo III desta orde, en que se faga constar:

– O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

– Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 31.7 e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin é debedor por resolución de procedemento de reintegro.

c) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade beneficiaria, segundo o modelo do anexo IV, na cal se faga constar:

– O acordo de aprobación polo órgano competente do concello beneficiario das facturas e, no caso de obras, das correspondentes certificacións de obra, no cal conste que se cumpriu a finalidade para a cal foi concedida a subvención.

– Que, segundo informe da Intervención municipal, se tomou razón na contabilidade, en fase de recoñecemento da obriga, dos gastos correspondentes á execución do proxecto subvencionado.

– Que, segundo informe da persoa secretaria do concello, na tramitación e contratación das obras e/ou equipamentos se cumpriu a normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe os contratos do sector público.

d) En cumprimento das obrigas de publicidade establecidas na orde, deberán achegar, ademais:

– Fotografías do lugar ou lugares onde se efectuasen as actuacións, tomadas antes, durante e con posterioridade á súa realización. A presentación das fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o momento da execución a que correspondan.

– Fotografías do cartel ou carteis informativos, segundo o modelo do anexo V, nas cales se poida apreciar a súa colocación no lugar das actuacións.

– Fotografías da placa ou placas explicativas permanentes, segundo o modelo do anexo VI, colocadas nun sitio visible no lugar das actuacións, que deberán permanecer durante, cando menos, cinco anos.

e) Nos supostos en que sexa exixible, a entidade beneficiaria deberá presentar:

– Documento acreditativo da publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Copia da resolución de adxudicación da obra ou equipamento, onde quede acreditado que a elección entre as ofertas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

Artigo 13. Pagamento das axudas

1. A Secretaría Xeral para o Deporte, de encontrar conforme a documentación xustificativa, proporá o libramento dos fondos, sempre que o beneficiario cumpra a obriga de executar o proxecto que fundamentou a concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O pagamento da subvención realizarase de acordo co custo real do proxecto executado e xustificado. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, mantendo constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión.

3. En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supor unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file