DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 18 de xullo de 2023, nomeouse funcionaria de carreira deste concello a:

– Jeanett López Fernández, con NIF ***4491**.

Para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna da OEP/2020.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte as bases do proceso selectivo e da lexislación de función pública vixente.

Cerdedo-Cotobade, 18 de xullo de 2023

Jorge Cubela López
Alcalde