DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48312

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

O 15 de xuño de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

O ordinal terceiro da citada resolución establece no seu número 1 que as axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo as aplicacións orzamentarias 08.81.451A.780.8 e 08.81.451A.770.8, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe total de 36.436.924 euros, repartido, por aplicacións, nas seguintes anualidades:

2023

2024

2025

2026

08.81.451A.780.8

14.475.627 €

13.900.000 €

6.000.000 €

50.000 €

08.81.451A.770.8

605.503 €

900.000 €

455.794 €

50.000 €

O programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio é financiado con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, ao estar incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O número 3 do mesmo ordinal prevé que as contías establecidas nesta convocatoria poderán ser obxecto de ampliación pola resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), tendo efecto despois da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta que o número de solicitudes presentadas e susceptibles de obter a axuda supera o importe do crédito orzamentario previsto inicialmente na convocatoria, é necesaria a ampliación do crédito orzamentario para poder atendelas, dada a existencia de financiamento suficiente para poder realizala.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co ordinal terceiro da Resolución do 1 de xuño de 2023, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os exercicios 2024 e 2025.

O incremento da dotación será de 27.000.000 euros para o exercicio 2024 e 3.000.000 euros para o exercicio 2025 na aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8, polo que a contía máxima das subvencións que se poderán conceder con cargo á antedita convocatoria será de 66.436.924 euros.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo