DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2022-00010183 e tres máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos,en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022.

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a resolución recaída neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2022-00010183

122059195

Resolución do 24.4.2023

BS403B-2022-00010237

Y1725487H

Resolución do 24.4.2023

BS403B-2022-00013518

47380170D

Resolución do 31.5.2023

BS403B-2022-00013532

122214158

Resolución do 31.5.2023