DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48543

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se contrata persoal laboral fixo no marco do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de diplomado/a en Biblioteconomía do grupo II e nas categorías de administrativo/a e de monitor/a do grupo III, nesta entidade, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador para a contratación como persoal laboral fixo do CEIDA, no marco do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, nas categorías profesionais indicadas no anexo, e unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base I.2 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador o 25 de maio (DOG núm. 119, do 23 de xuño) e contratar como persoal laboral fixo do CEIDA, nas categorías de diplomado/a en Biblioteconomía do grupo II e nas categorías de administrativo/a e de monitor/a do grupo III, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o director xerente do CEIDA na sede da entidade (Castelo de Santa Cruz, s/n. 15179 Liáns-Oleiros (A Coruña), no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santa Cruz (Oleiros), 21 de xullo de 2023

Carlos Vales Vázquez
Director xerente do Centro de Extensión Universitaria
e Divulgación Ambiental de Galicia

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación

Grupo:

II

Categoría:

diplomado/a en Biblioteconomía

Nº de postos:

1

Apelidos

Nome

DNI

Pardo Cereijo

Ana Belén

***9362**

Grupo:

III

Categoría:

administrativo/a

Nº de postos:

1

Apelidos

Nome

DNI

Borobio Vázquez

Carmen

***6522**

Grupo:

III

Categoría:

monitor/a

Nº de postos:

2

Apelidos

Nome

DNI

Campos García

Verónica

***1004**

Agrazo Martínez

Mónica

***2584**