DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de tanque de tormentas de Pontiñas e colectores interceptores. Lalín (Pontevedra)-OH.336.1209 (expediente OH.736.1250).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES114 Lalín (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de tanque de tormentas de Pontiñas e colectores interceptores. Lalín (Pontevedra)-OH.336.1209. Clave do expediente: OH.736.1250.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 90.233,82 euros. Importe total: 109.182,92 euros.

8. Valor estimado do contrato: 117.848,68 euros. Inclúe o orzamento de licitación (90.233,82 euros) e a/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (27.614,86 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 15 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 4 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 1 de decembro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 9.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 10.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 30 de decembro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Serye Ingenieros, S.L.

14.2. NIF: B70543012.

14.3. Enderezo: estrada Cambre-O Temple, nº 3, 2º D, 15660 Cambre (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: serye@seryeing.com

14.6. Teléfono: 620 96 36 10.

14.7. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada:

Importe neto: 72.475,80 euros. Importe total: 87.695,72 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vai máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva Marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.1 «Saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da Directiva Marco da Auga» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación «Saneamento e depuración en Lalín».

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 2 de maio de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 1 de decembro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 31 de decembro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 4 de xaneiro de 2023.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia