DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49073

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro),

ACORDA:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas e de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, determínase o seguinte:

Respecto ao acceso libre:

– Anular a pregunta número 2 da parte común e as preguntas números 41, 64, 72, 106 e 123 da parte específica. En consecuencia, valoraranse a pregunta de reserva número 141 da parte común e as preguntas 143, 144, 145 e 146 da parte específica.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

– O cuestionario definitivo pasa a ter 139 preguntas, das cales 40 corresponden coa parte común do programa e 99 coa parte específica.

Respecto ao acceso por promoción interna:

– Anular as preguntas números 1, 24, 32, 66 e 83. En consecuencia, valoraranse as preguntas de reserva números 101, 102, 103 e 104.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

– O cuestionario definitivo pasa a ter 99 preguntas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 15 puntos, tendo en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 5 de maio de 2023, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran, para o acceso libre, as mellores puntuacións ata completar o número máximo de vinte e oito (28) persoas aspirantes, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de vinte e oito (28) persoas aspirantes.

As persoas aspirantes pola quenda de acceso libre con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores superarán igualmente o exercicio.

No acceso por promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. No caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio sexa inferior a dous (2), rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exercicio un total de dezaoito (18) aspirantes no acceso libre e de doce (12) aspirantes no acceso por promoción interna.

De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o exercicio por acceso libre as persoas aspirantes que:

– Obtiveron unha puntuación na parte común de polo menos 16 puntos, ao aplicar o criterio de puntuación mínima do 40 % sobre 40 preguntas das respostas correctas.

– Obtiveron unha puntuación na parte específica de polo menos 39.6 puntos, ao aplicar o criterio de puntuación mínima do 40 % sobre 99 preguntas das respostas correctas.

No referente ao acceso por promoción interna, superaron o exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación de polo menos 49.5 puntos ao aplicar o criterio de puntuación mínima do 50 % sobre 99 preguntas das respostas correctas.

Terceiro. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. En correspondencia coa base II.1.1.3 da Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), modificada polas correccións de erros publicadas no DOG do 4 de xaneiro de 2022 e no DOG do 4 de xullo de 2022, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B1, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV da convocatoria.

Do mesmo xeito, estarán exentas da realización da segunda proba deste exercicio, as persoas aspirantes que acreditaron que posuían o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

A exención da proba de inglés e da proba de coñecemento da lingua galega deberá acreditarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal