Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA SAG703 entre apoios núm. 207 a 217, no concello da Veiga, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.
Ourense, 7 de agosto de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/26-3.
Instalación: regulamentación LMTA SAG703 entre apoios núm. 207 a 217.
Concello: A Veiga.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
| Predio núm. | Lugar | Referencia catastral | Titular | Incidencia | Data de ocupación | 
| 1 | Escarabelleira | 32084A037001290000RP | Herdeiros de Nieves García Rodríguez | Enderezo descoñecido | 29.6.2023 | 
| 9 | Pozas | 320840A0000530000RE | Generosa Prada Pedraz | Enderezo descoñecido | 29.6.2023 | 

