DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 27 de xullo de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución (exp. 1013-2022)

Resolución de inicio O.E. do 3.7.2023

36043A025011550000JP

(polígono 25, parcela 1155)

Cuñas (Ponte Caldelas)

En investigación

Orde de execución (exp. 1014-2022)

Resolución de inicio O.E. do 4.7.2023

36043A025000560000JP

(polígono 25, parcela 56)

Cuñas (Ponte Caldelas)

En investigación

Orde de execución (exp. 1015-2022)

Resolución de inicio O.E. do 4.7.2023

36043A025000570000JL (polígono 25, parcela 57)

Cuñas (Ponte Caldelas)

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este Concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 27 de xullo de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente