DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50428

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 7 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PE155D).

BDNS (Identif.): 713126.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación das devanditas organizacións profesionais, conforme o establecido no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ás organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito autonómico galego en apoio á creación destas organizacións profesionais durante os cinco primeiros anos naturais contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2023, das axudas á creación das devanditas OPP e AOP.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PE155D).

Cuarto. Importe

Para o ano 2023 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 200.000,00 €, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2023.15.02.723B.780.3 e 2023.15.02.723B.770.3, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2023.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2023.15.02.723B.780.3

Sen ánimo de lucro

100.000,00 €

2023.15.02.723B.770.3

Con ánimo de lucro

100.000,00 €

Total

200.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
P.A. (Artigo 11.e) da Orde do 21.2.2022)
Mª Dolores Novo Gutiérrez
Vicesecretaria xeral da Consellería do Mar