Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT SAD13 apoio AKPO6EI1//15C485-5, no concello de Sada (expediente IN407A 2022/78-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 8 de agosto de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/78-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol en LMT SAD13 apoio AKPO6EI1//15C485-5.
Concello: Sada.
|
Predio |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
12 |
283 |
Descoñecida |
24.8.2023 |
