DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2023 Páx. 51136

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso na praza de vixilante municipal no Concello de Rábade, convocado pola Orde do 6 de xuño de 2023.

No Diario Oficial de Galicia núm. 112, do 14 de xuño de 2023, publícase a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade.

O 8 de xullo, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria, abrindo o prazo de presentación de solicitudes. Finalizado o dito prazo e de acordo co establecido na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso na praza de vixilante municipal convocado pola Orde do 6 de xuño de 2023 (DOG núm. 112, do 14 de xuño).

A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da súa exclusión serán excluídas definitivamente.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 24 de agosto de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (cód.)

**5513**

Barrera Villar, Óscar

1

**5405**

Pérez Álvarez, Enrique

1

**9951**

Ramos Rueda, José Luis

1

Causas de exclusión:

Cód.

Motivo da exclusión

1

Non ten ou non foi posible consultar a titularidade dos permisos de conducir.

Debe presentar documentación acreditativa