DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51248

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a relación de dous novos aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de agosto de 2023, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro),

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela. Esta relación foi modificada pola Resolución do 24 de maio de 2023 deste tribunal cualificador, publicada no DOG núm. 104, do 2 de xuño de 2023, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso, se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o proceso selectivo

O 24 de xullo de 2023, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña dúas novas persoas aspirantes, xa que na convocatoria de elección de destino provisional das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, realizada en virtude da Resolución do 22 de xuño de 2023, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 120, do 26 de xuño), resultou que as persoas aspirantes Montserrat Pereira Fortes (con DNI ***5079**) e Hugo Fernández Vázquez (con DNI ***8930**) presentaron cadanseu escrito de renuncia ao seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no subgrupo e corpo obxecto da convocatoria citada anteriormente. Exclúense os aspirantes do proceso selectivo por presentaren a súa renuncia e quedan anuladas as súas actuacións.

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo) e modificada pola Resolución do 24 de maio de 2023 (DOG núm. 104, do 2 de xuño de 2023), e dar publicidade, como anexo a esta resolución, ás dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes aprobadas, procedendo a renumerar a orde a partir do posto número 220.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas dúas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023

Regina Martín de Vidales Delgado
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº orde

Acceso

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

Concurso

Total

298

Libre

***1555**

Blázquez Rodríguez, Sonia

37,88

Exento/a

0,00

37,88

299

Libre

***0663**

Bernedo Loureda, María Jesús

36,56

Exento/a

1,25

37,81